Entradas

Mostrando entradas de julio, 2023

Os Esperados Curtos!

 E aqui temos o resultado de moitos dias de traballo.  Choiva de ideas… guions… preparacions… formacions… ensaios…  5 grupos, 5 curtos.  Todo feito por eles… con axudas, pero todo feito por eles… O peso dos arquivos non permite subilos aqui directamente, asi que vos deixo o enlace directo para a sua descarga na plataforma de Drive.  https://drive.google.com/drive/folders/1--POt5yQB2WIgiY_UxH25SuryWrJG2L6

Dia 9. Último dia!

Imagen
Hoxe comezamos o día con enerxia, rematamos durante a máña a grabacion dos curtos, e o seu montaxe. Se abren direfentes actividades para que podamos volver a probalas antes de marchar mañá, e se organizan campionatos nas pistas. Pola tarde temos un xogo en gran grupo e comezamos a preparar a foliada final. Montamos un gran furancho, a festa onde se visionarán os curtos que grabamos para que todos teñamos no recordo.  Foi un traballo de moitos dias para chegar ata aqui, pasamos por moitos obradoiros de teatro, dramatizacion, circo, improvisación…  Todas e todos participaron en maior ou menor medida. E mañá poderedes ver os resultados!!

Dia 8. Spartan Race

Imagen
 Continuamos coas grabacions dos curtos, as probas e esceas descartadas, cambios de guion etc etc… os cativos e cativas estanse convirido pouco a pouco en autenticos creadores de contido. O mediodia tras comer bacallau con pure de patata e ensalada de garbanzos, puidemos facer unha pista americana, na que por parellas tiñamos que facer un percorrido de obstaculos no menor tempo posible.  Os nosos actores e actrices estan moi motivados!! Para cear tivemos cuscus e costela o forno con menestra de verduras.  Hoxe na noite tivemos que buscar e rescatar. A destello! A mascota do noso monitor dani, que foi secuestrado!!

Dia 7. CURTOS!!!!

Imagen
  Hoxe adicamos o dia a rematar guions, ver atrezzos, ensaiar as primeiras esceas… Os curtos van moi encamiñados. Estamos moi nerviosos por empezar a grabar. Pero tamen temos tempo para facer actividades deportivas que nos axuden a queimar enerxia! Para comer tivemos arroz con polo acompañado dun gazpacho de sandia! E para cear pasta con atún e queixo acompañados de calamares a romana! De xogo nocturno… superheroes!!!!